• Segue conectado
  • |

A Piscina Municipal de A Guarda oferta Pilates, ‘Cross training’ e TRX como novidades esta tempada

A Guarda | Co comezo da tempada 2017-2018, a Piscina Municipal da Guarda amplía e mellora o servizo aos seus usuarios e usuarias, ofertando novas actividades ‘fitness’ na sala funcional do ximnasio. As novidades nesta tempada son as clases de Pilates, ‘Cross training’ e TRX.

Novas clases e horarios
O método Pilates consta dun programa de exercicios controlados e precisos a través dos cales se traballa o autocontrol e a consciencia do propio corpo. Esta actividade impártese os luns e os mércores ás 8:45 h e ás 9:30 h, e os martes e xoves ás 19:45 e ás 20:30 h.

O ‘cross training’ defínese como un sistema de acondicionamento físico baseado en movementos funcionais, en constante variación e executados a alta velocidade. As persoas interesadas en practicar esta actividade, poderán facelo os luns e os mércores ás 20:45 h, e os martes e xoves ás 9:45 h. O TRX, pola súa parte, consiste nun adestramento en suspensión que permite traballar todo o corpo utilizando o propio peso e a resistencia da gravidade. Esta modalidade pode practicarse os venres ás 9:45 e ás 19 h.

As actividades realízanse en grupos reducidos dun máximo de 6 persoas, garantindo a individualización do traballo e o control das usuarias e usuarios por parte do monitor, atendendo ás necesidades específicas de cada persoa.

Actividades de continuidade
Amais destas novidades, continúan as clases de ‘spinning’ e as actividades acuáticas dirixidas (‘aquagym’, ‘aquazumba’, ‘queimacalorías’, ‘aquatraining’, aletas, travesía, ‘matronatación’, iniciación e perfeccionamento) xa ofertadas en anteriores tempadas, pudendo gozar dunha cota a xeito de tarifa plana para o acceso a todas elas.

As inscricións continúan abertas e dependerán da dispoñibilidade de prazas en cada franxa horaria. As persoas interesadas poderán gozar dunha clase de proba e, para máis información, deberán dirixirse á Piscina Municipal, acudindo de xeito presencial, chamando ao teléfono 986 611 412, a través da súa páxina de Facebook (@piscinamunicipalaguarda) ou na páxina web www.piscinamunicipalaguarda.com.

Publicado o 21 Dec 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies