• Segue conectado
  • |

Os colexios da Guarda disfrutan do cinema infantil no centro cultural

A Guarda | Durante esta semana diferentes colexios da Guarda pasaron polo Centro Cultural para disfrutar do cinema infantil na pantalla grande. A actividade, que se enmarca dentro das actividades de colaboración entre os centros escolares e a Concellería de Cultura da Guarda, busca achegar actividades lúdicas no tempo escolar, neste caso a traveś do cinema.

 

Os centros que se sumaron nesta ocasión foron CEIP A Sangriña, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, o colexio PP Somascos e o CEIP As Solanas, aínda que estes últimos non puideron disfrutar da actividade a causa de imprevistos técnicos, polo que visionaran a película durante a vindeira semana no propio centro.

A actividade “Cinema nos coles” repetirase no último trimestre co visionado do filme “Tiana y el sapo”

Publicado o 22 Mar 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies