• Segue conectado
  • |

A OMIX A Guarda publica un tríptico informativo con todas as actividades programadas para 2018

A Guarda | A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda ven de publicar un tríptico informativo sobre as actividades programadas para este 2018, xa dispoñible ao público no Concello, en entidades educativas e sociais, e en diversos locais comerciais e de ocio da vila.

Co lema “Sal e participa! Comparte. Experimenta. Aprende”, o folleto recolle os distintos obradoiros, cursos e campamentos que a OMIX ofertará durante o ano, con información complementaria de interese. Así, no vindeiro mes de marzo haberá un curso de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de elaboración de galletas. O periodo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 9 de marzo.

No mes de abril, comezará un curso de inglés para adultos que, a un prezo de 25 euros, ofertará ao alumnado as ferramentas necesarias para manter conversacións cotiás; e, tamén en abril, celebrarase un obradoiro de Scketching, en colaboración coa Escola Superior Gallaecia. Este será un obradoiro de aproximadamente 3 horas de duración, co que se pretenderá achegar a toda a poboación as ferramentas para sacar proveito ás habilidades plásticas, o deseño e os recursos multimedia.

En maio, tócalle a quenda ao obradoiro de iniciación ao gravado en relevo e de creación de selos para estampar (stamp carving). Da man do artista local Alfonso Vicente, aprenderemos as técnicas básicas do gravado en relevo, para toda aquela persoa que desexe experimentar cun proceso manual e personalizado.

A mocidade terá oportunidade de realizar en xuño un obradoiro de vídeo en 1 minuto, organizado en colaboración coa Escola Superior Gallaecia. Este taller ofrecerá os coñecementos e ferramentas básicas para realizar edicións rápidas e sinxelas de vídeo, logrando montaxes audiovisuais completas e atractivas.

Nos meses de verán, organizaranse o tradicional campamento urbano e o campus deportivo, cuxas modalidades e prezos de inscricións daranse a coñecer unha vez se anuncie a apertura do prazo de inscrición, previsiblemente en xuño.

Durante o derradeiro cuadrimestre do ano, retomaranse os obradoiros de cociña, cun curso centrado na elaboración de masas para no mes de setembro. As populares xornadas de micoloxía celebraranse en outubro, con data a establecer en función da meteoroloxía e, xa en novembro, os e as amantes das manualidades poderán participar nun obradoiro de DIY para a personalización de axendas.

A información detallada sobre as actividades programadas a partir do segundo trimestre do ano daranse a coñecer en redes sociais e medios de comunicación nos próximos meses. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX do Concello da Guarda, chamando ao 986 614 546, a través do correo electrónico informacion@aguarda.es ou na súa páxina de Facebook (@patricia.omixaguarda).

Publicado o 24 Feb 2018 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies