Olladas no ‘Centro Galego’ de Bruselas

Foto de Fernando Gago

‘A Tentation’, sede do Centro Galego en Bruxelas, radicado no número 28 da Rue de Laekensestraat, da capital belga, abriu as súas portas para mostrar ‘Olladas’, unha interesante exposición fotográfica de artistas de Lugo, que espertou moito interese nos visitantes, e que na súa inauguración contou coa presencia e as palabras de Ana Miranda Paz, deputada do BNG no Parlamento Europeo.

A mostra dános a oportunidade de apreciar múltiples miradas e estilos, e a súa comisaria é Luz Darriba, artista multidisciplinar (Montevideo, 1954), formouse en Bos Aires, viviu en Galiza (1990-2010). Na actualidade dirixe o Espazo latinoamericano, en Bruxelas, Bélxica. Fixo máis de 250 exposicións colectivas e 50 individuais, entre ellas Cumulum, (659.000 libros arredor da Muralla Romana de Lugo, 2000),”Una Porta á Cultura” (80.000 libros na Porta de Alcalá, Madrid 2001), y “Libres avec des livres” instalación, 10.000 libros (Maison da UNESCO, Paris).

Nesta mostra, -expresa Luz- na que participan artistas de tres xeracións diferentes, o que tiven en conta foi a calidades de todos e todas. Dende diferentes postulados, con propostas diversas, o fío condutor, o que teñen en común e a profesionalidade e o talento. Coñezo o seu traballo, a súa evolución, o seu percorrido, as súas inquedanzas.

O maxisterio extraordinario de Carlos Valcárcel, o decano e dalgún modo, homenaxeado nesta exposición, as deliciosas fotografías da magnífica poeta Helena Villar Janeiro, a sobriedade e limpeza de Alfredo Bongianni ou Jose Reigosa, a imaxinación de Borxa (Xullo Leira), a volta de rosca de Susana López Vilanova, as imaxes cargadas de mundos das irmás Purriños (Yolanda e Inma), a sinxeleza e elegancia de Mercedes Bujan e Giovanna Pereira, o extraordinario oficio de Fernando Gago e Luis Engroba, a irónica frescura de Ticiana Ghiglione, Estefanía Novo e Daniel Reigosa, a audacia de Yamil Fued Koussa e Mónica Weissel (artistas belga-latinoamericanos invitados), a orixinalidade creativa de Ce Tomé (o único galego non lucense da mostra) e as paisaxes humanas de Juan Carlos Amadeo, constituen no seu conxunto un panorama creativo de gran nivel.

Móveme a comisariar exposicións –dice Luz- o feito de poder amosar non só o meu traballo, cousa que fago de cotío, senón tamén o traballo doutras persoas. É una maneira de seguir expresando o que penso e sinto respecto da arte a través das imaxes, dos sentimentos e dos pensamentos de diferentes artistas, doutra xente. Penso que cando elixes un artista estás seleccionando tamén un xeito de expresión co que te significas, que che representa dalgún xeito.