• Segue conectado
  • |

O voto dixital chama ás portas do Congreso.

Nos primeiros anos da Revolución Francesa, un deputado dun departamento afastado de París tardaba días en poder presentar o seu mandato na sé da Asemblea Nacional Constituínte, o poder lexislativo “de facto” que redactaría a declaración dos dereitos do home e do cidadán e o resultado das deliberacións tardaba días ou semanas en chegar a todos os recunchos de Francia.

“Coa proposta de Democracia 4.0 non inventamos nada novo”, afirma Juan Moreno, o avogado sevillano que presentou no Congreso, en xuño de 2010, unha iniciativa para permitir a votación cidadá a través de internet na cámara baixa do Reino de España. “Baseámonos no sistema de check and balance (controis e contrapesos) que deu pé á separación de poderes. Agora a idea é que o pobo exerza ese contrapoder dentro do propio lexislativo”, destaca Francisco Xurado, de Democracia Real Ya.

Esta rede fixo súa a iniciativa e o 26 de outubro lanzou unha campaña de envío masivo de cartas ao Congreso para que a proposta sexa tida en conta. Democracia 4.0: co censo actual, a un voto electrónico cidadán corresponderíalle unha 35 millonésima parte de representatividade. 100.000 votos cidadáns xa corresponderían a un escano, e un millón de votos a 10 escanos. “Legalmente, a proposta é posible cun cambio no regulamento do Congreso”, asegura Xurado.

Antes da indignación
A idea non naceu onte. En 2008, as cortes valencianas cambiaron a súa regulamento para permitir que unha representante embarazada votase desde a súa casa. “O primeiro que dixen ao ler a noticia foi “estes xa nin traballan”, chancea Moreno. “Pero logo dinme conta de que se trataba dun cambio importante”, recorda. Sen experiencia política nin asociativa, o letrado comezou a traballar na súa proposta, previa consulta con clientes, amigos e técnicos.

Tardou un ano en preparar a solicitude, e agora recoñece que “non tiña ningunha esperanza de que ninguén a fose a apoiar. Xuño de 2010 non é maio de 2011. E como o Congreso non contestaba, xa estaba a piques de poñer un recurso de amparo ao Constitucional”. E nisto chegou o 15M.

Foi precisamente grazas á rede como o avogado coñeceu aos protoindignados meses logo de facer a súa solicitude ao Congreso. “Alí había todo tipo de xente, era un caldo de cultivo tremendo”, recorda, e a súa idea foi ben acolleita.

Despois do tirón mediático do día da presentación, Democracia 4.0 espera a que pasen as eleccións e se volva constituír a mesa de garantías constitucionais. A comisión pasou en 12 meses o prazo de 3 co que tiña que responder, dado que nesta materia non existe silencio administrativo.

Pero, funcionaría realmente a idea? Técnicamente, a proposta nace nun Estado que en 2010 foi situado pola ONU no terceiro lugar de e-participa, o seu índice sobre o desenvolvemento da administración electrónica. “Faría falta unha sé electrónica no Congreso e unha intranet baixo un servidor público. O voto electrónico non é 100% fiable, pero é máis seguro, por exemplo, que o voto por correo”, enfatiza Xurado.

A democracia 4.0 tamén se enfronta ao argumento de que un sistema así daría ás, por exemplo, a quen defende a pena de morte. Moreno matiza: “para iso faría falta modificar a Constitución cunha maioría de dous terzos do Congreso: uns 23 millóns de persoas terían que votar que si”, unha primeira vez, e farían falla novas votacións. “Creo que a xente distingue entre votar a Chiquilicuatre pola tele e abordar temas como uns Orzamentos do Estado ou unha reforma das pensións”, confía.

Publicado o 7 Nov 2011 en Diego Sanz Paratcha.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies