• Segue conectado
  • |

Os proxectos finalistas dos Premios Martín Códax da Música coñeceranse o vindeiro xoves

Entre os 449 proxectos inscritos que optan a acadar unha nominación, figuran artistas que están comezando xunto a consagrados como Xoel López, Malandrómeda, Os Amigos dos Músicos, Triángulo de Amor Bizarro, Davide Salvado, Uxía ou Talabarte.

Pontevedra | O próximo xoves 6 de abril a xunta directiva de MÚSICOS AO VIVO dará a coñecer os proxectos finalistas desta 4ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. O acto desenvolveráse, como cada ano a partir das 20:30h, nas instalacións das Bodegas Martín Códax en Cambados. A Festa de Nomeados dos galardóns da música galega vai contar nesta ocasión cunha actuación que, ao igual que a gala, MAV decidiu confiarlle tamén á PANADARÍA TEATRO.
Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos: 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21 medios de comunicación. Desta volta, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición.

Un xurado escollerá os proxectos premiados
Unha vez comunicados públicamente os proxectos finalistas un xurado integrado por músicos e profesionais do sector decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. O xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online de Músicos ao Vivo, será secreto e os nomes dos seus integrantes non se farán públicos ata finalizar o proceso. Os gañadores coñeceranse o 3 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Publicado o 3 Abr 2017 en Pontevedra.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies