• Segue conectado
  • |

O venres 12 de xullo, abre as súas portas a 14a Feira de Oportunidades do Morrazo

O venres ás 18:00h procederase á apertura da 14a edición da Feira de Oportunidades do Morrazo, que continuará aberta durante este fin de semana en horario de mañá e tarde.


O Morrazo | A principios desta semana comezou a montaxe da carpa na contorna dos Xardíns do Sinal e onte deuse paso á colocación da mercadoría dos 28 expositores que participan nesta edición baleirando o seu stock. Esta mañá terminarán as labores dos técnicos en canto a iluminación, son e limpeza e quedará todo listo nesta instalación de 1000m2 para o disfrute dos visitantes.

• VENRES 12: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.
• SÁBADO 13 E DOMINGO 14: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.

Lembramos que os clientes poderán atopar nesta feira produtos de comercios de Bueu, Cangas e Moaña con rebaixas ata o 70%, chegando a atopar verdadeiras gangas.

Cómpre informar que os visitantes poderán facer as súas compras con tarxeta, en moitos dos establecementos expositores, dado que contarán con TPV inalámbrico.

Compre destacar que este ano haberá o habitual sorteo de agasallos mediante “rascas”. Un centenar de agasallos e 1.000 euros en cheques compra, canxeables na mesma feira, de seguro farán que moitas das persoas que se acheguen a comprar na Feira reciban algún premio.

A Feira de Oportunidades lembramos que está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.

Publicado o 11 Xul 2019 en Comercio, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies