• Segue conectado
  • |

O PSOE de Ponteareas insta ao PP cambiar o seu lema de campaña por plaxio

Instan ao Partido Popular de Ponteareas a cambiar o seu lema de campaña ao considerar que foi plaxiado ao Partido Socialista.

Ponteareas/PSOE | O Partido Socialista denuncia que o Partido Popular de Ponteareas plaxiou o seu lema de campaña (Agora, Ponteareas) e insta aos populares a unha modificación inmediata de todo o seu material de campaña para evitar confusións innecesarias.

Os socialistas de Ponteareas explican que veñen empregando o lema “Agora, Ponteareas” seguindo a liña marcada polo PSOE federal co lema “Ahora, tu país” e “Agora, o teu país”, desde que Pedro Sánchez foi investido Presidente do Goberno.

O PSOE de Ponteareas vén empregando desde principio de 2018 o lema “Agora, Ponteareas”, o mesmo que empregan agora os populares.

Este non é un problema menor, segundo o PSOE ponteareáns, pois entenden que o seu lema engloba e representa a súa xestión fronte o goberno de Ponteareas, así como as súas liñas programáticas. Deste xeito, entenden, non poden permitir un plaxio destas características.

O Partido Socialista de Ponteareas considera esta manobra de plaxio do PP local un acto de contraprogramación desesperada de quen non ten un proxecto político. “O Partido Popular está nunha encrucillada, non ten proxecto que comunicar aos veciños e veciñas e a súa estratexia pasa por obstaculizar e intentar distorisionar a xestión do Partido Socialista fronte ao goberno de Ponteareas” sinala o Diego M. Groba, responsable de comunicación do Partido Socialista de Ponteareas.

Publicado o 13 Xan 2019 en Política, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies