• Segue conectado
  • |

O presidente da RAG reúnese co titular da Xunta de Galicia

O responsable da RAG explicou que o orzamento anual da RAG é notablemente inferior aos da Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, e o Institut d’Estudis Catalans.

freixanes

A Coruña | O presidente da Real Academia Galega reuniuse en San Caetano co presidente da Xunta de Galicia. A visita a Alberto Núñez Feijoo, a primeira de carácter institucional de Víctor F. Freixanes desde que foi elixido responsable da RAG o pasado 28 de marzo, foi un encontro “cordial” no que se falou de defensa da lingua e da posibilidade de desenvolver proxectos concretos a prol do seu estudo, uso e difusión. “Atopamos unha boa disposición que agradecemos”, asegurou tras o encontro.

Na xuntanza tamén participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os membros da comisión executiva da Academia Henrique Monteagudo, Fina Casalderrey e Andrés Torres Queiruga. Víctor F. Freixanes puxo o acento no compromiso da Academia para traballar na procura de maiores sinerxías coa cidadanía. “A lingua é dos falantes. A RAG é depositaria dunha memoria histórica que ten obriga de manter e desenvolver, con proxectos e iniciativas nas que debemos implicar o conxunto da sociedade civil. Un dos nosos compromisos é conectar coa sociedade galega para facela consciente da importancia dun patrimonio como é o idioma propio”, expresou tras o encontro.

Nesta liña, recordou que para que a Academia poida desenvolver o seu labor a prol da lingua e da cultura galegas o seu orzamento “necesita reforzarse, con axudas públicas e con apoios da sociedade civil”. Como exemplo dos traballos que realiza, referiuse ao Dicionario, unha ferramenta en constante actualización que recibe cada día máis de corenta mil consultas. O responsable da RAG explicou que o orzamento anual da RAG é notablemente inferior aos da Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, e o Institut d’Estudis Catalans.

Publicado o 9 Mai 2017 en A Coruña, Lingua.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies