• Segue conectado
  • |

O Pleno do Concello de Oia aproba o orzamento de 2019 cun incremento dun 13%

Oia | O Pleno do Concello de Oia aprobou definitivamente este xoves o Orzamento para o ano 2019, cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra dos grupos da oposición, por un importe de 1.683.887,76 euros, o que supón un incremento dun 13% respecto do orzamento prorrogado de 2017, que foi de 1.488.430,53€.

A Alcaldesa explicou que despois da aprobación inicial do Orzamento no primeiro Pleno ordinario celebrado o pasado 26 de xullo, se expuxo ao público durante 15 días hábiles e tras a presentación de alegacións presentadas polos membros integrantes dos grupos da oposición, a Secretaría-Intervención considerou que esas alegacións non procedían. Polo tanto, neste Pleno extraordinario se desestimaron e agora, tal e como recolle a Lei de Facendas Locais, se publicará no Boletín Oficial da Provincia para a súa entrada en vigor.

No orzamento do 2019 respecto do prorrogado de 2017, se incrementaron os gastos destinados a Servizos Sociais de Atención Primaria nun 67%, correspondente principalmente ao incremento de horas de axuda no fogar que permite atender no seu domicilio a cidadáns en situación de dependencia.

Por outra parte, neste Orzamento xa aparecen as novas consignacións anuais dos Contratos de Axuda no Fogar e de Limpeza de edificios públicos, que foron licitados este ano, así como o incremento de coste da recollida e tratamento de lixo, para atender a xestión dos voluminosos e do cartón.

Se contempla no Capítulo de inversión entre outros conceptos a aportación municipal ao IDAE (melloras en iluminación), Plan Marco (mellora de camiños), á Rehabilitación das antigas vivendas dos Mestres de Loureza, á mellora do pavimento do pavillón e ó Paso de auga do Camiño de Xigente.

Mellora servizos de atención ao cidadán adaptándose ás novas tecnoloxías para facelos máis eficientes e ofrecer máis servizos online aos veciños, como é a aplicación Liña Verde (para comunicación de incidencias) ou a aplicación Tokapp, para manter informada á cidadanía.

Publicado o 6 Set 2019 en Economía, Oia, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies