O parking anunciado polo tripartito na antiga fábrica de Granitos é unha solución temporal á falta de aparcadoiro en Ponteareas

A cesión dese espazo xa estaba contemplada no Plan Xeral que ten aprobación inicial desde 2016 e que prevé na súa superficie unha praza peonil e zonas verdes

Ponterareas/PP | Unha vez máis a política de improvisación do goberno tripartito leva a realizar unha xestión de parches en materia de aparcadoiro.

“O parking podería facerse soterrado, debaixo da praza, pero para iso o Concello tería que buscar financiamento, algo que non fixeron”

O PP, que denunciou hai meses, que a falta de aparcadoiro no centro de Ponteareas estaba a agravarse coas novas humanizacións, considera que a solución na fábrica de Granitos é unha solución de curto percorrido.

O PP anuncia que fará un parking soterrado no centro do municipio se conta co respaldo dos veciños en maio de 2019

Villar recoñece que é unha medida necesaria pero non comparte a forma na que se vai a realizar. “O goberno local ante as nosas críticas e a dos veciños decidiu sacarse da manga unha solución temporal que sen dúbida vai ter un curto percorrido. Nesa parcela, cuxa cesión xa está recollida no Plan Xeral que se aprobou de forma inicial, está contemplada unha praza peonil e unhas zonas verdes, en ningún caso un parking en superficie. Isto quere dicir que no momento que se aprobe definitivamente o Plan Xeral e desenvólvase ese ámbito, o parking anunciado desaparecería”. Villar lamenta que unha vez máis se poñan parches e non se pense no desenvolvemento do municipio a longo prazo. “Está ben crear novas zonas de aparcadoiro pero teñen que ter un percorrido a longo prazo, non tratarse dun anuncio sen sentido, cando todos sabemos que aí hai proxectada unha praza e non un parking en superficie. A opción sería traballar na obtención de fondos para realizar un parking soterrado no centro que é o que necesita este Concello e que nós xa estudamos a fórmula e levaremos no noso programa electoral. É hora de deixar a política da improvisación e asentar as bases do crecemento da nosa vila. Se en maio contamos co apoio da veciñanza Ponteareas contará nos vindeiros catro anos cun parking soterrado no casco urbano que poña fin os problemas de tráfico e aparcadoiro no centro do municipio”.