• Segue conectado
  • |

O padroado dálle os parabéns á proposta Porta do Trega

A Guarda | No pleno do padroado celebrado este mércores 22 de marzo debateuse a proposta de remodelación do espazo de recepción de visitantes e caseta de cobro de acceso ao Trega. Esta actuación, que xa recibira os parabéns da Comisión permanente, formada polas Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos e polo Concello, foi aprobada por unanimidade dos membros presentes do pleno do padroado.

 

Fai uns meses a Comisión permanente decidiu encargar a redacción desta proposta ao arquitecto guardés Mauro Lomba, proposta que el mesmo tivo a oportunidade de presentar a todos os membros do padroado.

Basicamente a proposta do arquitecto consiste na construción dunha nova caseta de cobro cos espazos adecuados para o desenvolvemento do traballo que controlará os tres carrís da estrada que sube ao monte; un para o control de visitantes, un carril de servizo para as persoas que suban a desenvolver o seu traballo e profesionais de reparto e un carril de baixada. Na zona do “atallo” peonil máis próxima á caseta proponse a instalación de dúas pequenas edificacións: unha que sirva de zona de recepción e información ás persoas que soben a pé ao Trega e a outra para servizo do encargado da caseta.

Estas edificacións, que distan algo máis de 100 metros, irán unidas por unha lámina que quedará perfectamente integrada no bosque e que simboliza a porta de entrada a unha das iconas da paisaxe e do patrimonio máis importantes de Galicia. A obra deberá contemplar a rexeneración forestal con especies autóctonas do ámbito de actuación.

A partir de agora comeza a fase de redacción deste proxecto que está financiado pola Dirección Xeral de Turismo que ten unha reserva de 200.000€ para invertir no Trega este ano 2017.

Publicado o 26 Mar 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies