• Segue conectado
  • |

O Ministro de Cultura, José Guirao, e Gonzalo Caballero en Ponteareas coa candidata Chus Garrote

O Ministro de Cultura, José Guirao, e o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acompañaron este xoves á candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote.

Ponteareas/PSdeG | O Ministro de Cultura puido visitar o Concello de Ponteareas e un dos emblemas do patrimonio ponteareá, o Castro de Troña. “Un dos meus obxectivos como alcaldesa é por en valor o noso patrimonio como punto de atracción turística”.

Pola súa parte o Ministro de Cultura, José Guirao, animou ir votar a todos os veciños de Ponteareas para as elección europeas e municipais do vindeiro domingo ao Partido Socialista “como punto de continuidade ás políticas sociais impulsadas polo goberno de Pedro Sánchez”.

Neste encontro, Garrote aproveitou para falar co Ministro sobre a realidade do Concello. Por outro lado, os socialistas entregaranlle a Guirao uns agasallos, como son uns cd´s de música dos dous grandes compositores ponteareáns, Reveriano Soutullo e Rogelio Groba, uns libros sobre o patrimonio material e inmaterial da vila do Tea, e unha invitación formal para a súa asistencia ao Corpus Christi 2019 que terá lugar en xuño deste ano.

Publicado o 23 Mai 2019 en Política, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies