O Mercado de Tomiño irmándase co de Bom Jessus, de Porto, e o celebra cun vídeo de promoción

O traballo audiovisual foi presentado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Promoción Económica Antonio Tartaglione.

Tomiño | O Mercado Municipal de Tomiño vén de celebrar o seu irmandamento co de Bom Jessus, de Porto (Portugal), cun vídeo promocional especialmente pensado para conmemorar tamén o Día Internacional dos Mercados, que tivo lugar o pasado día 27 de maio.

Trátase dun vídeo dun minuto de duración no que saen os propios praceiros e praceiras de ambos os dous mercados, dicindo cada un unha frase sobre os produtos de calidade e proximidade que ofrecen, o trato personalizado e a promoción do comercio local.

O traballo audiovisual foi presentado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Promoción Económica Antonio Tartaglione.