• Segue conectado
  • |

O hóckey volve a Ponteareas

Presentación do Hóckey Club Ponteareas que creará escolas deportivas e recuperará o equipo histórico para categoría elite

Ponteareas | Tras unha década inactivo o Hóckey Club Ponteareas rexurde para facer deste deporte algo máis que un entretemento e rememorar así os tempos nos que se practicaba no parque do Tea competindo no Campionato de España.

A directiva do H. C. Ponteareas presentouse nestes días coa intención de captar xogadores e recuperar o histórico equipo para as categorías elite. Apoiados polo concello de Ponteareas, na presentación estivo o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, pola concelleira de Deportes, Nahir Covelo e polo Concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó. A directiva anunciará nos vindeiros días os primeiros encontros deportivos e horarios do club para comezar con forza os adestramentos no mes de setembro.

O principal obxectivo fixado pola directiva é a volta do club ás categorías de elite do hóckey en España tanto na categoría feminina como na masculina.

Conscientes do esforzo que vai implicar, comezarán a traballar polo deporte base e a canteira. Para a tempada 2019/20 a prioridade será a creación das escolas de hóckey de iniciación nos centros escolares do concello e da súa contorna incluíndo o hóckey sobre patíns nos seus programas de actividades extraescolares. A primeira acción para difundir este deporte serán as demostracións nos centros educativos ofrecendo ás familias interesadas un período de iniciación e aprendizaxe para logo organizar competicións entre os centros escolares.

O Club contará con adestradores titulados e ex xogadores con experiencia na formación de xogadores en cada posto específico. Ademais, estará apoiado pola Real Federación Española a traverso do seu programa PROHOCKEY, deseñado por Quim Pauls.

O H.C Ponteareas agarda con ilusión a todos os nenos e nenas que queiran formar parte esta familia e equipo.

Publicado o 8 Ago 2019 en Cultura, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies