• Segue conectado
  • |

O goberno municipal mellora as instalacións do CPI de Mondariz

As obras de mantemento eran demandadas dende fai tempo pola dirección do centro educativo

Mondariz | As semanas previas ao inicio do curso escolar, o Concello de Mondariz concentrou os seus esforzos en mellorar as instalacións do CPI, un centro de educación infantil, primaria e secundaria no que estudian máis de 300 rapaces e rapazas de Mondariz e concellos veciños. A dirección deste colexio público levaba tempo demandando obras de mantemento que non estaban recollidas no orzamento municipal vixente, conxelado desde 2017 porque nos dous últimos anos foi aprobado mediante o procedemento extraordinado da cuestión de confianza.

Á vista das deterioradas infraestructuras, o goberno municipal emprendeu traballos de limpeza e desbroce no recinto exterior, así como obras de mantemento na área de fontanaría. Tamén se fixeron reparacións necesarias nos caleiros para garantir unha óptima recollida de auga nos días de choiva. Interiormente, pintáronse as paredes do salón de actos, da sala de profesores e de diversas aulas e creouse unha rampla que facilita o acceso á aula de psicomotricidade.

Esta actuación, que tivo carácter de urxencia por non estar recollida no plan orzamentario, demostra o compromiso do goberno municipal co ensino público e a vontade de traballar por uns servizos públicos de calidade no Concello de Mondariz.

Ao mesmo tempo, continuáronse as obras de instalación dunha pasarela cuberta entre o edificio de educación infantil e a entrada principal ás aulas de primaria e secundaria, financiadas o ano pasado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos.

Publicado o 9 Set 2019 en Mondariz, Portada, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies