• Segue conectado
  • |

O goberno de Carmela Silva aproba un investimento de máis de 150.000 euros para Baiona, achega coa que pecha o plan Concellos

A presidenta Carmela Silva explicou que “con este último investimento o concello de Baiona poderá levar a cabo obras de mellora no paseo fluvial de Baredo”

Baiona | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o concello de Baiona, por un importe total de 167.319,48 euros. Con esta actuación o municipio pontevedrés pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.582.966 euros, un 76,71 % máis que en 2017.

Con este último investimento o concello de Baiona poderá financiar unha actuación de mellora no paseo fluvial de Baredo que consistirá na prolongación do paseo mediante unha pasarela de madeira que irá desde a ponte situada no lugar de Carballo da Aba ata o denominado Torre, na parroquia de Baredo. Para esta ampliación do paseo, cunha lonxitude de 500 metros, utilizarase madeira de pino silvestre e para o tramo que transcorre baixo a ponte da estrada será de formigón.

Este ano, ao través da Liña 1 do Plan Concellos, Baiona tamén contou co financiamento da reurbanización e acondicionamento do acceso á Igrexa de San Lourenzo de Belesar e da Praza Antonio Taboada, por importe de 168.995,46 euros; da reforma do edificio norte do Mercado de Sabarís, por 629.200 euros, e da adquisición de oito colectores de lixo grandes con carga lateral, dous unidades pequenas e 12 centradores destinados ás parroquias de Baiña e Belesar.
Amais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 40.000 € no que corresponde á liña 2 e tamén outros 208.237,36 € que foron destinados á financiación da contratación de 38 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

Publicado o 17 Nov 2018 en Baiona, Infraestructuras, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies