• Segue conectado
  • |

O Concello reordena o estacionamento no ámbito do Mercado de Abastos

Mercado de Abastos de Pontevedra

PONTEVEDRA | O Concello de Pontevedra iniciou esta semana traballos no ámbito do Mercado de Abastos para reordenar o estacionamento neste ámbito. Trátase de mellorar a zona de aparcamento situada detrás da praza, na avenida de Uruguai, e tamén complementar esta medida con zonas de estacionamento de servizos tanto na rúa Serra como na mesma avenida.

Na traseira do Mercado estase a reordenar o estacionamento para para crear 13 prazas de aparcamento de carga e descarga das cales 8 serán en batería e o resto en liña. Con esta actuación, que xa se está a realizar, trátase de mellorar e ordenar o estacionamento nesta zona que sempre crea problemas de tráfico porque cada día hai coches e furgóns mal estacionados e impiden un bo funcionamento do carril máis próximo ao mercado.

Esta medida estase complementando coa creación de tres novas zonas de estacionamento de servizos na avenida do Uruguai e próximas á praza. Están ao carón da parada do autobús e en fronte, no outro sentido da circulación. Tamén se está a habilitar unha zona de estacionamento de servizos na rúa Serra, en dirección á rúa Real.

O estacionamento de servizos obedece a unha petición dos usuarios do mercado de abastos e dos comerciantes deste ámbito que solicitaron a posibilidade de máis rotación nos aparcamentos en superficie.

Publicado o 28 Xul 2015 en Comercio, Pontevedra, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies