• Segue conectado
  • |

O Concello investirá 182.336 euros na mellora da accesibilidade peonil no barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga

A Xunta de Goberno Local desbloqueou tamén o proxecto de reforma e adecuación do espazo do lavadoiro público de Entrecruces

Carballo | A Xunta de Goberno Local puxo en marcha os procedementos de contratación de dúas novas obras de infraestrutura. Por unha banda, a mellora da accesibilidade peonil na contorna do barrio da Milagrosa e na rúa Vázquez de Parga, cun orzamento de 182.336,84 euros que serán financiados con cargo ao POS+ Adicional. Pola outra, a reforma e adecuación do espazo do lavadoiro público de Entrecruces, no que investiremos 53.261,90 euros, e que por fin poderá saír a contratación tras a recente recepción da autorización sectorial de Augas de Galicia, que é preceptiva.

En materia de contratación, tamén foi aprobado o expediente relativo ao contrato administrativo para a dirección técnica do Festival Internacional de Contidos Dixitais Carballo Interplay por un ano, ampliable ata catro con prórrogas anuais, e un orzamento de 54.450 euros para cada exercicio.

Fóra da orde do día foi adxudicado á empresa Atlantic Ponte 2000 S.L. o contrato de servizos de asistencia técnica para a coordinación e dinamización dun espazo colaborativo, cun orzamento de 83.426,50 euros.

Tamén foron aprobadas fóra da orde do día as subvencións para a promoción e o fomento do deporte escolar. Por unha banda, para o financiamento dos proxectos de escolas deportivas de base en horario extraescolar promovidos pola Agrupación Deportiva Escolar do CEIP Fogar e as ANPA A Braña (CEIP Canosa-Rus), A Milagrosa (CEIP Xesús San Luís Romero), Raiante (Gándara-Sofán) e San Martiño (Nétoma-Razo), así coma para monitores e coordinación da Agrupación Deportiva Escolar do CEIP Fogar. En total repartiranse 27.028,50 euros.

A Xunta de Goberno Local, por outra banda, deu o visto bo ao pago de facturas por importe de 60.710,63 euros e a unha subvención de 1.200 euros para un alumno traballador do último obradoiro de emprego de carpintería dentro da liña de fomento do emprego autónomo. Así mesmo, aprobáronse varias licenzas urbanísticas e un convenio coa Escola Lubiáns de Hóckey e a concesión dunha subvención de 3.500 euros para o III Torneo 3×3 Carballo 2019.

Publicado o 2 Dec 2019 en Carballo, Portada, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies