• Segue conectado
  • |

Conmemoración do 25 aniversaio da Convención dos Dereitos da Infancia

Novas do Eixo Atlántico - Pleno Infantil - TomiñoTOMIÑO |O Día Universal da Infancia que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo. Este ano conmemoramos o 25 aniversario da Convención dos dereitos da infancia. É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

“Máis de 50 nenos e nenas dos sete centros educativos municipais participan no pleno infantil”

Por este motivo, o concello de Tomiño organizou un PLENO INFANTIL o venres 20 de novembro para sumarse a este chamamento mundial a favor da infancia e dos nenos e nenas máis vulnerables. Neste pleno participaron a alcaldesa, algúns membros da corporación, dúas representantes de UNICEF e alumnado e profesorado dos sete centros educativos do municipio. O obxectivo deste día é lembrarlle á cidadanía que a infancia é o colectivo que máis sufre as crises e os problemas do mundo.

Hoxe máis de 50 nenos e nenas tiveron a oportunidade non só de ler os máis de 40 artigos cos dereitos recollidos na convención, senón tamén de expoñerlle á alcaldesa as súas suxestións e solicitudes. Alén diso a rexedora municipal foi agasallada por parte do alumnado do CRA, co libro “A cidade dos nenos” de Francesco Tonucci, agasallo moi acertado xa que o concello de Tomiño ten a vontade de acadar o recoñecemento por parte de UNICEF de CIDADE AMIGA DA INFANCIA (CAI). Unha CAI respecta e aplica nas súas políticas, normas e programas os dereitos da infancia contidos na Convención dos dereitos dos nenos e das nenas.

Publicado o 20 Nov 2015 en Educación, Participación Cidadá, Tomiño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies