• Segue conectado
  • |

O Concello de Porriño colabora coa II Semana da Memoria Histórica

Porriño | O Concello de Porriño colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Mino, Louriña e Salceda que ó longo destes días está a desenrolar a II Semana da Memoria. Os actos comezaron o sábado 6 cunha charla no Centro de Guláns, en Tomiño, continuarán hoxe en A Guarda e chegarán mañán martes a Porriño. No Centro Cultural Municipal, a partir das 19,30 horas, o profesor Xosé Alvarez falará do “Ensino na II República”. O relator será presentado por Raúl Francés.

Durante a vindeira fin de semana desenrolaránse os actos finais desta II Semana da Memoria Histórica. O sábado celebrarase a lembranza dos fusilados que se vai celebrar en Tebra (Tomiño) e o domingo 14, na conmemoración da data da proclamación da II República, un acto que terá lugar en A Volta da Moura, en Tui.

Publicado o 8 Abr 2019 en Historia, O Porriño, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies