• Segue conectado
  • |

O concello de Bueu abre o prazo para a presentación de ofertas das obras de humanización da rúa A Pedra

A actuación, cun orzamento de 416.108,59 €, financiarase integramente pola Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Depo-Remse

Bueu | O Concello de Bueu abre o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas económicas das obras de humanización da rúa A Pedra, cuxo orzamento ascende a 416.108,59 €. A actuación realizarase integramente con cargo ao Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (Plan Depo-Remse) da Deputación de Pontevedra. As ofertas poderán presentarse por vía electrónica ata o 11 de xuño ás 23.59 h.

Esta rúa soporta un alto grao de mobilidade diaria xa que na súa contorna se ubican moitos centros de elevada atracción: o propio CEIP Plurilingüe A Pedra, os dous institutos (Johán Carballeira e Illa de Ons), o centro de saúde e o Pavillón Municipal Pablo Herbello. Isto xera unha gran cantidade de tráfico rodado e peonil nunha rúa cunha estrutura insuficiente para garantir unhas condicións de seguridade viaria e de accesibilidade universal.
Esta reurbanización implicará, pois, a renovación completa da rúa e o levantado de toda a pavimentación, aproveitando para facer unha actualización e modificación das redes de abastecemento e saneamento existentes. Mellórase o acceso e circulación de persoas con mobilidade reducida e auméntanse os anchos das beirarrúas, suprimindo tamén as barreiras arquitectónicas e implementando a sinalización tanto horizontal como vertical. Completarase a actuación coa instalación de mobiliario urbano e arborado. Con iso, o goberno local pretende priorizar o uso do espazo público por parte de toda a cidadanía e lograr un maior ordenamento e mobilidade.

Toda a información pode verse na Plataforma de Contratación do Estado.

Publicado o 22 Mai 2019 en Bueu, Portada, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies