O concello de A Coruña organiza unha concentración en apoio ao persoal de Alcoa

Ao acto asistiron de forma activa o alcalde, o presidente do comité de empresa e o actor Xosé Á. Touriñán

A Coruña | A praza de Maria Pita acolleu unha concentración en apoio ao persoal de Alcoa. No acto interviron o alcalde, Xulio Ferreiro, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, e o actor Xosé Á. Touriñán. O rexedor salientou “a unidade” como elemento fundamental “na presión social, política e popular para acadar una solución contra o peche da fábrica “Toda A Coruña está con vós”, afirmou Ferreiro.

Pola súa banda, Touriñán, quen deu lectura ao manifesto do comité de empresa, agradeceu ás traballadoras e traballadores “a loita que están a levar a cabo, con toda a dignidade posible, para poñer a salvo a factoría”. Finalmente, Corbacho agradeceu o apoio da Corporación municipal e da veciñanza “ás compañeiras e compañeiros que están a loitar todos os días na rúa”. “Esta loita é longa e dura, pero estamos cheos da forza de Hércules e a coraxe de María Pita. Non van poder con nós”, dixo o presidente do comité de empresa. Axuntamos fotografías do acto.