• Segue conectado
  • |

O Concello das Neves rematou a reposición da sinalización de diferentes localizacións da vila

Foi grazas a fondos dunha achega recibida da Deputación

As Neves | A área panorámica do monte de San Nomedio, e as entradas nas Neves que veñen de Arbo, Salvaterra, Ponteareas e Vilasobroso contan con novos sinais.

Do mesmo xeito, e de cara a impulsar o ámbito turístico, hai xa sinalización do Sendeiro dos Frades e o Camiño dos Pescadores e, en relación con este último, está en marcha o proxecto para a indicación da ‘Ruta Circular’ do camiño nas parroquias e dentro das Neves.

Nova web
No que atangue á promoción turística das Neves, o Concello conta cun vínculo específico de Turismo na nova web municipal no que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen. A mesma fai referencia a propostas culturais, a enclaves paisaxísticos, rutas de sendeirismo, etnografía, gastronomía, medio natural ou historia e arqueoloxía, eido no que se acometerá unha acción especial para difundir os Petroglifos de A Coutada, en Taboexa, o principal descubrimento da arte rupestre galega dos últimos 20 anos.

Nas vindeiras datas o Concello dará a coñecer nas redes sociais municipais un vídeo promocional de As Neves que amosará os principais atractivos e reclamos da vila.

Sinalización de todo o concello
Esta iniciativa complementa a de finalización da sinalización informativa nos barrios e parroquias. En total colocáronse 285 sinais que hoxe, logo dun traballo de dous anos, toda As Neves estea sinalizada.

Este foi un dos proxectos nos que o Goberno local puxo maior interese que ademáis era unha das principais demandas das veciñas e veciños, tal e coma deixaron claro nas xuntanzas do ‘Concello Escoita’.

Publicado o 13 Mai 2019 en As Neves, Infraestructuras, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies