• Segue conectado
  • |

O concello dá un paso máis na súa aposta polo deporte inclusivo coa carreira C10

A Concellería de Deportes abre mañá o prazo de inscrición para a carreira popular C10 que dá un paso máis cara ao deporte inclusivo fomentando o coñecemento e o respecto á diferenza

A Coruña | O concello deu un paso máis na súa aposta polo deporte inclusivo e os/as atletas con discapacidade sensorial, funcional e intelectual poderán participar na carreira popular C10 que se realizará o próximo 6 de outubro. Súmanse á categoría xa existente de atletas en cadeiras de rodas homologadas e, por primeira vez, tamén se lles aplicarán as mesmas categorías ás carreiras de menores.

A concellería busca potenciar a participación e contribuír desta maneira á práctica deportiva a todos os niveis, así como fomentar a sensibilización, o coñecemento e o respecto á diferenza. Desde Deportes insisten en sinalar que “running non é só correr; o deporte inclusivo é socialización, integración e motivación”.

Organizada polo concello e a Federación Galega de Atletismo, a máis soada das carreiras da cidade, percorrerá un circuíto urbano de 10 km practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. Terá a súa saída na avenida da Habana e a meta estará no Paseo Marítimo, á altura do Palacio dos Deportes de Riazor.

As inscricións xa se poden realizar en liña a través desta páxina cunha cota de 5 euros ata o día 22 de setembro, e de 8 euros ata as 23.59 h do 25 de setembro.

As persoas participantes que queiran realizar a súa inscrición fisicamente poderán facelo ata o 14 de setembro no departamento de deportes de El Corte Inglés cubrindo unha folla de inscrición e aboando a cota de 5 euros. Para as categorías de menores a inscrición é gratuíta e só teñen que cubrir o formulario en liña en El Corte Inglés.

Os dorsais e as camisetas poderanse recoller no departamento de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal, o venres 4 de outubro, de 17.00 a 22.00 horas, e o sábado 5 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.

De maneira extraordinaria, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 6 de outubro na Cidade Deportiva de Riazor, de 8:30 a 9:30 horas.

A organización establece catro categorías para as/os atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeiras de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que lles axuden a impulsarse. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permiten as bicicletas de man ou handbike.
B) Discapacidades funcionais (persoas con discapacidade física, parálise cerebral e lesión cerebral)
C) Discapacidades sensoriais (persoas con cegueira, xordeira…)
D) Discapacidades intelectuais

Para máis información.

Publicado o 9 Ago 2019 en A Coruña, Participación Cidadá, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies