• Segue conectado
  • |

O CIFP A Granxa, anfitrioa do V Congreso Nacional de Escolas Profesionais de Viticultura e Enoloxía

O Congreso contou coa participación de numeroso profesorado das Comunidades Autónomas con maior relevancia no sector vitivinícola

Congreso Nacional Viticultura Enoloxía

Ponteareas | O CIFP A Granxa de Ponteareas acolleu, entre o 4 e o 7 de maio as xornadas do V Congreso Nacional de Escolas Profesionais de Viticultura e Enoloxía, o que supón un recoñecemento á importancia que ten o centro de ensino ponteareán no contexto do Estado.

O Congreso, que se celebra cada dous anos, reuniu a profesorado das diferentes escolas que imparten Ciclos Formativos de Vitivinicultura e Elaboración de Aceite de oliva e Viños, pertencentes ás comunidades autónomas con maior relevancia no sector, como son Andalucía, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla-León, Estremadura, Catalunya, Madrid, Murcia, Rioxa e Galicia.

Ao longo das xornadas de traballo do Congreso debatéronse temas relacionados coa inserción laboral do alumnado titulado; as diferentes modalidades nas que se poden cursar os estudios de Formación Profesional, con especial atención á Formación Dual; a unificación de criterios coa formación nos demais países europeos; a creación da Rede Europea de Escolas Profesionais de Enoloxía, ademais de outros asuntos relacionados co desenvolvemento curricular dos Ciclos Formativos.

Ademais dos aspectos puramente técnicos tratados no congreso, o evento serviu para dar a coñecer a zona produtiva de Rias Baixas, en especial a comarca do Condado.

A inauguración do Congreso, correu a cargo de Consuelo Rivera, directora do Centro de Formación e Recursos de Vigo; Cristina Fernández, concelleira de Ensino do concello de Ponteareas e María Jesús Pena, directora do CIFP ‘A Granxa’.

A edil de Ensino destacou “a importancia de ter organizado este Congreso Nacional nun centro punteiro neste sector a nivel galego como é o CIFP A Granxa, a fin de poñer en valor os recursos naturais e económicos que temos en Ponteareas e a nosa Comarca”.

Publicado o 22 Mai 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies