Presentación da asociación “Familias Azuis” de Xinzo

Nace co obxetivo de procurar o benestar das persoas con trastorno do espectro Autista.

Ponteareas/Xinzo | Co gallo do día mundial da Concienciación do autismo, a recén xurdida asociación Familias Azuis, con sede no Centro Cultural Xinzo, celebrará unha gala de presentación no auditorio de dito Centro Cultural.

A Asociación nace en 2017 grazas ao programa “Coidamos-Tea” levado a cabo pola Federación Autismo Galicia nos concellos de Cee, Monforte, Burela e Ponteareas. Este programa serviu para asesorar e informar ás familias e profesionais de nenos con TEA.

 

O domingo 2 de abril esta asociación sen ánimo de lucro presentarase da man de duas familias e neste acto intervirán Cristina Couto da Federación Autismo Galicia, Fabián Gallié, do CEIP Mestre Valverde Mayo, e representantes do Concello de Ponteareas como Verónica Carrera. Iso sí, todo isto acompañado da gran actuación para tódolos públicos de Uxia e Magin Blanco.
Este domingo temos unha cita no Centro Cultural Xinzo ás 18 horas.