• Segue conectado
  • |

Nova “app” turística en Bueu creada polos alumnos do Johan Carballeira

• O Concello de Bueu apoiou dende o seu inicio este proxecto interdisciplinar que naceu o pasado ano e que implica a varios cursos e materias

app

Bueu | O Concello de Bueu recibiu este venres de mans do IES Johán Carballeira a aplicación turística para a vila que foi elaborada polo alumnado do centro no marco do proxecto interdisciplinar Entre rúas que se levou a cabo durante todo o pasado ano. Esta entrega simbólica tivo lugar nun acto que se celebrou na biblioteca do instituto, e no que estiveron presentes as concelleiras de turismo e educación, Silvia Carballo e Teresa López, a directora do centro, Asun Soñora, a inspectora de educación, Adoración de la Fuente, e as profesoras Carmen Miñambres, Luísa Conde, e Noelia Lamosa, ademais dalgúns alumnos e alumnas.

A aplicación “naceu da curiosidade polo que significan os nomes das nosas rúas”, en palabras da vice directora do centro, quen destacou que a ferramenta foi elaborada pola empresa Cleventy cos datos achegados polo alumnado e o profesorado implicado. Neste mesmo senso falou a directora, quen se dirixiu ao rapaces e rapazas para lembrarlles que “nos parece importantísimo que coñezades onde vivides”.

A aplicación recolle dúas rutas, unha biográfica e outra matemática, coas que as persoas deberán ir paseando pola vila para resolver as cuestións plantexadas e conseguir puntos, nunha especie de busca do tesouro, segundo os impulsores deste proxecto.

A partir de agora, as incógnitas como quen era Matilde Bares e que relación tiña con Ramón Bares, ou que significa a palabra Kayrel quedarán resoltas e permitirán á cidadanía e aos turistas indagar na historia e no coñecemento do pasado e presente de Bueu. Por iso, a concelleira de turismo, Silvia Carballo, agradeceu enormemente o traballo de todo o alumnado e profesorado implicado, do que recolleu un diploma no que se simbolizaba esta aplicación. No acto, a edil avanzou que “é case seguro que a teremos funcionando en Semana Santa, xa que é unha época con moito turismo e idónea para presentala en sociedade”.

Publicado o 20 Xan 2018 en Bueu, Turismo, Xuventude.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies