• Segue conectado
  • |

Non habemos Pedro!!

Escribimos para vdes. estas reflexións logo de escoitar o discurso, seica de investidura, do candidato socialista Pedro Sánchez, que finalmente non saiu. Conseguiu 130 votos e precisaba 176. Só tivo unha abstención dos canaerios; os grupos restantes (agás Ciudadanos, que asinara un acordó con Pedro Sánchez), votaron todos en contra..

Presentouse no Paralamento cun discurso que calificou el mesmo de indiscutible; que non podía ser rechazado polas forzas políticas que din estar por un cambio neste pais.

De entrada parécenos unha falta de respecto total. Atreverse a condicionar o voto dos demáis partidos ao feito, segundo súas palabras, de que o peor que asinara con Ciudadanos era mellor que deixar gobernar ao PP resulta, dende todos os puntos de vista insultante. Algo así como aquel rei francés que dixera “despois de min o diluvio”.
Desgranou polo miudo toda unha serie de medidas que, insistiu unha e outra vez coma un mantra, podían poñerse en marcha a semana que ven. Maior velocidade imposible. Claro que tamén recoñeceu que os votos socialistas e os de Cidadáns sós non teñen nada que facer, igual que o PP só tampouco podería fcer nada. Como se pode comprobar o voto de cada cidadán ten un valor moi superior ao que habitualmente lle damos. Nestes momentos estase vendo como se os socialistas foran apoiados por un millóns máis de cidadáns do pais, seguramente terian unha ducia ou máis de votos no Parlamento. Non foi así; como tampouco foi así para as demais forzas políticas, por iso Pedro Sanchez se laiou unha e outra vez que as mateméticas non lle daban.

Pedro Sánchez quere, pero os votos son os votos e con 90 diputados non pode facer revolución algunha, ainda que, tal como lle explicou tanto Pablo Iglesdias como Alberto Garzón, o programa de goberno que presentou nada tiña de revolucionario. Era puro marketing político; apenas modificaba algo insustancial. Cambios ambiguos para que nada cambi; lampedusismo en esencia.

Os grupos políticos que forman parte de Podemos nas diferentes Comunidades Auitónomas dixéronlle claramente que o acordo de goberno con Cidadáns non respostaba as necesidades dos seus respectivos territorios. O vascos do PNV foron os máis contemplativos. Mostráronse dispostos a falar; incluso insinuaron que poderían apoialo pero con outros bimbios que lle faltaban a cesta que Pedro Saánchez levou ao Congreso.

Para os cataláns independentistas e soberanistas obviamente o discurso do candidato non ía con eles. Pedro Sánchez díxolles que el non ía facer nada que forzase a Constitución nin que rompera o Estado Español. Isto, claro, a Esquerra Republicana , por exemplo, soalles alleo totalmente. Eles xa están noutro partido e, cecais, se molestarían a falar de algo, se ese algo tivera como resultado permitir aos cataláns levar adiante un referéndum para poder expresar claramente se queren ou non seguir xunguidos ao resto do Estado.

Mariano Rajoy continuou co seu discurso da gran coalición, afeando ao candidato socialista que fora ao congreso cun programa de gobernó que sabía non ia a ningures. El, seguirá esperando que Pedro Sanchez fracase, como así foi, coa esperanz a de poder retomar algún tipo de acordos, co xove malabarista catalán (laranxa mecánica lle chamaron) como ungüento de Fierabrás , é rematar nesa gran coalición que están esperando os do IBEX 35, as multinacionais, as empresas enerxéticas, bancos e demáis colegas que, como moi ben dixo Alberto Garzón, son quen manda na Cámara utilizando a certos grupos de depuitados coma testaferros dos seus intereses.

Con este panorama chegouse á votación co resultado coñecido. Todos en contra, unha abstención e os 40 votos de Albert Rivera, asinante do acordó, a favor; total 130 votos.

Que vai pasar agora? Bueno, poden pasar moitas cousas. Non é probable que o próximo venres , dia da segunda votación, cambie nada. Pode que nos dous meses seguintes, antes de verse obrigados a que se convoquen novas eleccións, poida obrarse algún tipo de milagre e remate nun goberno; ben sexa a gran coalición de marras (PP-PSOE – C´s), ou ben, os socialistas acepten negociar con Podem os , PNV, e os cataláns exconverxentes e cheguen a xuntar os 176 votos ou convencer a Cidadáns que, sin entrar no reparto de carteiras, se absteña.

De momento seguimos cun Goberno en función que, nesa especial situación debería respectar e non tomar decisión de calado político; sen embargo , contra toda lóxica, ven de ampliar por 40 anos máis a presenza de ENCE na ria de Pontevedra. Está claro para quien traballa un goberno de dereitas coma o que levamos sufrindo estes últimos anos. Para cambiar esa dinámica os socialistas non poden aliarse cun partido que é unha marca branca do PP.

Claro que a ninguén lle convén unhas novas eleccións que, seguramente, só beneficiarían a Podemos, porque ata agora é o único partido que non cambiou o discurso e que segue dicíndolle a Pedro Sánchez que eles son os chamados a formar gobernó. Outra solución nada soluciona.

Que pasará o venres? Que vai pasar no tempo despois durante os dosu meses de prórroga? Unha incógnita de difícil solución.

 


Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»
Publicado o 6 Mar 2016.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies