• Segue conectado
  • |

Mos educa aos seus adolescentes para que fagan un uso seguro das redes sociais

“Que non te enRede a Rede” foi o título da actividade impartida onte ao alumnado de 1º e 2º da ESO do Instituto mosense

Mos | A concellería mosense de Educación que dirixe o edil Camilo Augusto impartiu onte ao alumnado de primeiro e segundo cursos da ESO do IES de Mos (242 rapaces e rapazas en total) unha actividade de concienciación sobre o correcto e seguro uso das redes sociais. A iniciativa enmarcouse baixo o título “Que non te enRede a Rede”.

A este respecto o concelleiro Augusto declarou que “na actualidade, internet e máis as redes sociais forman parte das nosas vidas tanto no eido profesional coma no persoal. Por iso, non podemos negar a súa existencia ou utilización, pero si educar á mocidade para que faga bo uso delas. O mundo das redes sociais achéganos moitas vantaxes, máis tráenos algún que outro problema se esta ferramenta se usa dunha maneira desaxeitada. Por iso dende o Concello de Mos quixemos ofrecerlle esta charla aos/ás alumnos/as do Instituto, para explicarlles os perigos das redes sociais facendo fincapé na importancia do uso responsable das novas tecnoloxías”.

Por outra banda atópase o ciberacoso escolar, que podería ser definido como o uso dos medios telemáticos para exercer o abuso entre iguais, que pode ser exercido de múltiples maneiras, dende o feito de colgar en internet unha imaxe comprometida doutra persoa, proporcionar datos sen cosentemento ou ben datos falsos dalguén, deixar comentarios ofensivos en foros, facerse pasar por outra persoa, etc.

“Concienciando a tempo poderemos previr e alertar ao alumnado dos perigos que se poden atopar no mundo virtual e dos que os rapaces non son conscientes. Por todo elo, dende a concellería de Educación propuxemos levar a cabo este obradoiro”, destacou Camilo Augusto.

O obxectivo desta iniciativa é que os participantes na mesma tomen conciencia das vantaxes e riscos do novo mundo das redes sociais. Os temas que se trataron na actividade foron: descripción das redes sociais, configuración e privacidade das mesmas, e perigos de ter un perfil público.

Así mesmo os puntos nos que se fixo maior fincapé para que fosen interiorizados polos alumnos/as foron a importancia de ser donos da súa rede social, de posuír a información necesaria para que ninguén poida violar a súa intimidade, dos perigos que conleva facer a súa imaxe pública, e da concienciación sobre a existencia de perigos que son perfectamente evitables no día a día.

Publicado o 7 Mar 2018 en Mos.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies