• Segue conectado
  • |

Martín Hidalgo Bargiela ocupa o número 11 na candidatura popular

Martín Hidalgo, de 34 anos, é Licenciado en INEF (Ciencias da Actividade Física e Deporte) pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio especialidade en Educación Física. Conta con dous máster, un en Planificación de Turismo de Interior e Saúde e outro en Dirección e Xestión de Instalacións deportivas.

Ponteareas/PP | A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou o nome da persoa que ocupará o número 11 da súa candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio. Martín Hidalgo ocupará o posto que otorga a maioría absoluta.

Belén Villar destaca a importancia de que mozos preparados como Martín decidan involucrase en política. “O seu traballo é clave para impulsar a colaboración do Concello no eido deportivo”.

Martín Hidalgo Bargiesa, natural de Ponteareas, de 34 anos, é Licenciado en INEF (Ciencias da Actividade Física e Deporte) pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio especialidade en Educación Física. Conta con dous máster, un en Planificación de Turismo de Interior e Saúde e outro en Dirección e Xestión de Instalacións deportivas. É profesor de ciclos formativos e de formación para adultos. Está vinculado tamén co sector hotelero na vila veciña de Mondariz.

Belén Villar agradeceu que persoas mozas e formadas como Martín decidan dar un paso na política. Prestar os seus coñecementos para favorecer o interese xeral de todos os veciños. Ademais recorda que Ponteareas ten grandes deportistas e infinidade de modalidades deportivas, polo que “a axuda de Martin para avanzar neste eido é moi necesaria”.

Publicado o 21 Abr 2019 en Política, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies