• Segue conectado
  • |

Máis de 150 patinadores e patinadoras no Campionato Galego de Grupos Show

NEA-Grupos show en Santiago

Santiago de Compostela |  O Pavillón Polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado 13 de febrero, a partir das 17:30 horas, o Campionato Galego de Grupos Show, nas modalidades de grupos xuvenís e cuartetos, organizado polo club compostelán Campus Stellae e pola Federación Galega de Patinaxe. Máis de 150 patinadoras e patinadores competirán no torneo.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este campionato, que contará coa participación de 11 grupos xuvenís e 7 cuartetos. Na primeira das modalidades competirán dous clubs composteláns, o C.D. Fontiñas e o Club de Patinaxe Campus Stellae. En representación deste último, organizador do torneo, estiveron na rolda de prensa o seu presidente, Fernando López, e a súa adestradora, Paula Otero.

O prezo da entrada para os adultos é de 5 euros, mentres que os nenos de 6 a 12 anos deberán pagar 3 euros. Os menores de 6 anos entrarán de balde ao Pavillón de Santa Isabel.

Publicado o 12 Feb 2016 en Santiago de Compostela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies