• Segue conectado
  • |

Lobos e ouveos no club Lendo Contigo de Gondomar

Contará coa presenza do escritor Antonio Yáñez Casal

Gondomar | A lectura proposta para o mes de novembro no club de lectura compartida Lendo Contigo de Espazo Lectura é “Lóbez”, de Antonio Yáñez Casal (Baía Edicións), e este sábado 23 de novembro os nenos e nenas de 7 a 11 anos que queiran achegarse á biblitoeca de Gondomar terán a oportunidade de coñecer o autor do libro e falar con el sobre a historia deste lobo que non sabía ouvear.

Durante a sesión escoitaranse ouveos, pero se se quere saber de onde proceden só se poderá descubrir alí mesmo… A cita é o sábado 23 de novembro, a partir das 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar.

Publicado o 21 Nov 2013 en Gondomar, Libros.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies