• Segue conectado
  • |

IX Taça Ibérica de piragüismo esta fin de semana

Este evento deportivo de carácter internacional está organizado polo club tomiñés e polo Azenha de Pagade, de Vila Nova de Cerveira.

Tomiño | Piragüistas de España e Portugal teñen unha cita ineludible esta fin de semana. Máis de 170 deportistas participarán na IX Taça Ibérica de Slálom, un evento internacional organizado polo Club Deportivo Miño-Os Teixugos e polo Azenha de Pagade-Covas co que se abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas. Trátase da competición “máis importante que se fai no noroeste peninsular a nivel de participación e de puntuación”, como resaltan dende a organización.

Nesta ocasión o club tomiñés participará con 12 deportistas, que acudirán á parroquia de Covas, no municipio de Vila Nova de Cerveira, para dar o máximo nesta competición aberta puntuable tanto para a Liga Galega de Slálom como para a Copa portuguesa. Ademais, por segundo ano consecutivo a proba forma parte da Liga Internacional do Noroeste Ibérico de Slálom, por ese motivo acoden a ela os clubs galegos e portugueses máis importantes.

A proba comezará o sábado 27 de xaneiro ás 11.00 horas (hora portuguesa) cos adestramentos para continuar ás 15.00 horas coas probas clasificatorias nas que os deportistas terán que render ao máis alto nivel para conseguir superar o tempo de corte neste difícil circuíto. Xa o domingo, a proba retomarase ás 11.00 horas (horas portuguesa) coas finais, que de seguro ofrecerán un importante espectáculo ao público asistente.

Este evento deportivo conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerceira, da Freguesía de Covas, da Deputación de Pontevedra, da Federación Galega de Piragüismo e da Federación Portuguesa Canoagem.

Publicado o 24 Xan 2018 en Tomiño, Vila Nova de Cerveira.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies