• Segue conectado
  • |

Imos de marcha?


Ponteareas/Salceda de Caselas | Desfrutar de boa compañía, facer amigos e chegar con dor nas pernas á casa. Non, non estou falando de porse guapo, ou guapa, e ir de bares e discotecas ata altas horas da noite. Sería un pouco estrano nunha sección sobre deporte, aínda que algúns tomen o de ir de festa coma un deporte nacional. Máis coñezo a un, ou dous, que teñen opcións de ser un plusmarquistas mundiais.

Foise o verán, a calor e as vacacións. Volven os madrugón, o estrés, e a maldita rutina. E eu, desde o meu rinconciño, invítovos a romper o monótono día a día. Invítovos a participar nas últimas marchas ciclistas da tempada no sur da provincia de Pontevedra. A primeira cita, en Salceda de Caselas, o domingo 14 de outubro. O C.C. Aragonta, un ano máis, e xa vai pola quinta edición, organiza a Marcha BTT Raíña Aragonta., 35Kms, cunha dificultade media-alta con dous puntos avituallamento para repoñer forzas se as nosas pernas sufren co percorrido. Co paso das distintas edicións, a afluencia de participantes foi aumentando considerablemente, pero por motivos de seguridade, as prazas están limitadas a 500. Paralelamente o percorrido en bicicleta, organízase tamén unha atractiva ruta de sendeirismo, duns 12kms de lonxitude, que nos últimos anos, foise incorporando como unha opción máis de desfrutar dunha mañá no monte nas distintas marchas galegas.

Se a cita en Salceda de Caselas déixavos con ganas de máis, tedes que marcar no calendario outra data. O 28 de outubro en Ponteareas, terceira edición da marcha BTT Rueiros, co comenzo en San Mateo de Oliveira, lugar de nacemento desta marcha que cada ano agranda a súa quilometráxe. Comezou, na súa primeira edición, cun agradable paseo de 20kms pero este ano chega a cifra dos 34, coa organización do ADC Picaraña e seguro cun percorrido do máis divertido.

Pois esas son as miñas recomendación para matar a rutina este mes de outubro enriba da bicicleta, espero que me fagades caso e as disfrutedes. Para rematar, unha pequena reflexión persoal sobre as marchas nas que estiven presente: non é só dar pedais durante uns quilómetros delimitados, é compartir a túa afición con xente que non coñeces de nada, pero ese día son amigos, ese día dante ánimos se ven que che custa máis subir unha costa, ese día axúdante todos aínda que teñas un problema do máis leve, esas sorrisas nada máis chegar á meta e sobretodo, esas gañas de volvelo a facer o ano próximo. Anímovos a vivilas. Vale a pena. Entón, imos de marcha?

Publicado o 10 Out 2012 en Ponteareas, Salceda de Caselas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies