• Segue conectado
  • |

III Andaina da Lamprea en Arbo

Arbo | Un ano máis o Concello de Arbo organiza a Andaina da Lamprea, que este ano vai pola súa 3ª Edición, e terá lugar o domingo 8 de abril sendo o “pistoletazo” de saída ás actividades programadas antes da Festa da Lamprea deste ano 2018.

Cada unha das rutas que propoñemos cada ano, nos leva a vivir unha experiencia inesquecible, e en cada “Andaina da Lamprea” coñecerás novos espazos, que desexaras visitar nas distintas estacións do ano.

A saída será dende a Praza do Concello ás 9.30 h., configurándose como un percorrido circular de aproximadamente 13 Km. O prezo da andaina ascende a 5 euros e será ingresado no numero de conta ES12 2080 5011 8230 4000 6781. Está prevista a entrega de agasallos para todos os participantes e unha degustación de lamprea e viño de Arbo. As inscricións poderán recollerse nas oficinas municipais ou baixarse da páxina web do Concello (www.concellodearbo.es)

Este evento non só nos leva a coñecer as rutas de sendeirismo que se converteron nunha boa fonte para mostrar os feitizos de cada zona, senón que ademais convidamos os participantes a degustar os produtos estrela da nosa gastronomía, a lamprea e os viños das nosas adegas con D.O. Rías Baixas.
Para camiñar, Arbo…. A súa xeografía contén infinidade de camiños, carreiros e vías de comunicación hoxe recuperadas e rehabilitadas. O sendeirismo en Arbo, busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais.

Publicado o 7 Mar 2018 en Arbo, Gastronomía.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies