“Feira do Libro” no porto da Guarda

O próximo 27 de maio celébrase unha nova edición da Feira do Libro no Porto da Guarda.

A Guarda | Esta feira, que xurde coa idea de dedicar unha xornada completa ó mundo dos libros e fomentar o seu consumo, ven este ano cargada de actividades.

Como ven sendo habitual, as librerías participantes porán á venda os libros cun 20% de desconto; pero ademais haberá un stand no que se poderán adquirir as diferentes publicacións que ten editadas o Concello de A Guarda e outro no que poder realizar un intercambio de libros.

Este ano incorpóranse algunhas novidades respecto as edicións anteriores, como unha firma de libros por parte do escritor Francisco Castro, autor en lingua galega de vairados títulos, tanto en literatura infantil e xuvenil (Chamádeme Simbad ou O neno car), relatos (Xeografía), ou novela histórica ( Memorial do Infortunio,In vino Veritas). Realizarase tamén, o sorteo de 5 lotes de libros nos que se inclúen antoloxías dos autores homenaxeados nas últimas edicións das Letras Galegas.

E no podían faltar as actividades habituais, como os obradoiros, que este ano están pensados para deixar voar a creatividade e a imaxinación de cada quen: Obradoiro de Cómic, “Escribe o teu conto” e “Qué che inspira?”; e o habitual espectáculo de tarde “A Caixiña de Música” que porá o broche final a esta apretada axenda pensada para agradar a tódolos públicos.