• Segue conectado
  • |

Once expertos de España e Suíza promoven en Expourense a edificación sostible

Este simposio analizou o concepto de “arquitectura sostible” que inclúe dende os materiais que se utilizan na edificación (de kilómetros cero, con materiais locais) ata o estudo pormenorizado do clima existente no lugar onde se vai construír o edificio

enerxias renovables

Cen profesionais asistiron a xornada sobre enerxías renovables.

Ourense | “Que a edificación teña que ser sostible é algo evidente e chegará o momento no que sexa ata redundante calificala así, pero aínda queda moito por facer”. Esta declaración do arquitecto catalán Jordi París de Pich Architecs resume boa parte das ideas defendidas durante o XI Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables celebrada en Expourense e que nesta ocasión estivo adicada á aplicación da eficiencia enerxética á arquitectura e á edificación. Un cento de profesionais destes sectores asistiron a esta xornada que reuniu a once expertos de España e Suíza entre os que se atopaba César Portela, Premio Nacional de Arquitectura, ou Óscar Martínez, o consultor de enxeñería ao que acoden os grandes arquitectos internacionais cada vez que queren facer unha obra en España.

Este simposio analizou o concepto de “arquitectura sostible” que inclúe dende os materiais que se utilizan na edificación (de kilómetros cero, con materiais locais) ata o estudo pormenorizado do clima existente no lugar onde se vai construír o edificio. Baixo a máxima de “producir o máximo empregando o mínimo” os relatores impartiron as ponencias incluíndo exemplos prácticos de edificios e instalación realizadas por todo o Mundo que puxeron en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios autosostibles que consomen unha enerxía próxima a cero. Un deles foi César Portela, que presentou as vantaxes do uso da madeira en edificacións, poñendo como exemplos obras realizadas por el en España e no Xapón e defendeu a importancia tando calidade da materia prima como das mans que a traballan.

Relatores

O primeiro relator deste simposio foi o catedrático de Construción e Tecnoloxía Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Javier Neila, que é a gran referencia en Europa á hora de falar de arquitectura bioclimática. O seguinte relator foi o representante de Pich-Aguilera Architecs de Barcelona, empresa precursora a nivel mundial do concepto de “arquitectura sostible” e en aplicar o respecto ao Medio Ambiente nas súas obras. O delegado en Galicia de Gas Natural, Fernando Campos, xplicou as “Tecnoloxías que emprega Gas Natural. O mellor socio para o desenvolvemento das enerxías renovables”. Falou das ventaxas do gas natural como a mellor enerxía para hibridarse coas fontes renovables transformándoa, por exemplo, en biogas ou biometano. Óscar Martínez, enxeñeiro consultor, presentou “a solución xeotérmica na integración arquitectónica de edificios emblemáticos” presentando varios casos prácticos como o edificio Canalejas, ubicado no centro de Madrid. A sesión de tarde comezou coas ponencias dos representantes de Suiza que representan ao estudio Chiché Architecs, unha das principais referencias europeas no sector da eficiencia enerxética e autores do libro “Concepto enerxético na arquitectura”, que se converteu na guía de deseño a seguir polos profesionais do sector.

O arquitecto catalán Joan Lluis Casajuana, autor da rehabilitación arquitectónica e enerxética da Residencia Infantil Joan Riu, sirve de referencia para os profesionais do sector. Pola súa parte o enxeñeiro vasco Ricardo García San José, falou sobre os “Parámetros clave na eficiencia enerxética dos edificios, leccións aprendidas”.

O consultor cántabro David Rodríguez falou sobre “Edificios conectados para a mellora da eficiencia enerxética” e presentou novos sistemas de monitorización e sensorización para controlar o consumo de enerxía no fogar o una empresa. O último dos relatores foi Manuel García Álvarez, xerente de Magaral Ingeniería (A Coruña) que presentou o caso práctico da rehabilitación como eficiente do edificio Parque de Ourense (antigo Hotel Parque). O 65% da enerxía que vai consumir ese edificio procede da xeotermia que abastecerá os sistemas de calefacción, auga quente e refrixeración.

Publicado o 1 Xul 2017 en Ourense, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies