“Excelentes sensacións” despois do primero fin de semana do “Pinchorriño”

Porriño | Hostaleiros participantes, a asociación patronal “ACIPOR” como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten “excelentes sensacións” despois do primeiro fin de semana do “Pinchorriño”. Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía.

“Algún deles ó venres tarde xa fixo 500 tapas, ainda que a media foi de 300 a 400 consumicións por día e establecemento”, apuntaron desde “ACIPOR”.

Lembremos que a consumición mínima é de 1,50 € e que as tapas sérvense os venres e sábados entre as sete da tarde e as once da noite, ó longo de novembro.

Os clientes que participan reciben unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poden concurrir nun sorteo que este ano repartirá 4 cheques compra no comercio local por importe de 100 € cada un e, ademáis como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino”, valorada en 150 €.

ACIPOR” informou que encargara a impresión de 18.000 trípticos do “Pinchorriño” que conteñen o pasaporte e que se distribuen a través dos 36 establecementos participantes.

Pola súa banda Sergio Casal, concelleiro de Comercio expresou “a satisfaccion do Concello pola dinamizacion que supón para a vila a celebracion do Pinchorriño que permete converter un mes morto como era novembro no mellor mes para o sector de hostalaría de Porriño”.