• Segue conectado
  • |

EU Ponteareas exise o cumprimento do acordo sobre as vivendas de emerxencia

O Tripartito escúdase nos seus erros para despreocuparse dos servicios sociais

Ponteareas/EU | Lino Costas, concelleiro de EU-son, rexistrou no concello de Ponteareas unha solicitude de corrección de erros na Ordenanza de Vivendas de Emerxencia.

O feito é que a ordenanza publicada polo concello no Boletín Oficial da Provincia e na que se contempla un límite temporal de seis meses para a ocupación das vivendas de emerxencia, prorrogables outros seis meses, non se corresponde co aprobado no Pleno de xullo de 2016.

 

No citado pleno, EU-son presentou, entre outras, unha emenda á proposta de regulamento na liña do defendido pola maioría do Consello Sectorial Social. Esta emenda, que foi aprobada pola totalidade do Pleno Municipal, consistía precisamente na eliminación do tope de seis meses para a prórroga sempre e cando houbera un informe favorable dos servizos sociais. Deste xeito evitaríase que o dereito de ocupación dunha vivenda de emerxencia cesara ao transcorrer un ano cando as condicións que o motivaron se mantiveran.

Pola contra, a ordenanza publicada polo Concello no BOP non recolle o indicado nesta emenda que foi aprobada por unanimidade. ESQUERDA UNIDA entende que se poden cometer erros ao enviar a documentación, pero o que non é aceptable é que se persista neles e considera moi grave que a Xunta de Goberno se escude precisamente neses erros para rescindir o dereito de ocupación dunha vivenda de emerxencia como xa ocirríu recentemente.

EU manifesta a súa sorpresa polo descoñecemento por parte da Xunta de Goberno e, en concreto, por parte do concelleiro de Servizos Sociais, dun asunto que eles mesmos votaron a favor no Pleno de xullo de 2016. ESQUERDA UNIDA considera evidente que este descoñecemento é unha mostra máis da neglixencia e despreocupación por parte do concelleiro de Servizos Sociais con respecto a unha materia que é da súa competencia.

Publicado o 3 Abr 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies