• Segue conectado
  • |

Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez presentou en Ponteareas “O falar das campás”

A Peneira Dixital - Estanislao

Ponteareas | O pasado venres, día 25 de outubro, o Auditorio Reveriano Soutullo acolleu a presentación dun novo libro do investigador Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, titulado “O falar das campás”. O acto que contou coa presenza do alcalde, Salvador González Solla, estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quen puxo de manifesto a importancia dos traballos deste tipo, que recollen aspectos ata agora non coñecidos e que forman parte do noso patrimonio. Así mesmo, o estudoso estivo acompañado polo tamén investigador Ángel Cerrote Álvarez, quen loubou a carreira investigadora de Estanislao Fernández de la Cigoña, antes de pasar a propia disertación do escritor, quen analizou polo miúdo todos os aspectos relacionados coas campás das parroquias de Ponteareas, sacando á luz un mundo descoñecido, mesmo para os propios investigadores, e onde se fala por primeira vez dunha serie de fundidores establecidos en Ponteareas durante todo o século XIX.

Publicado o 28 Out 2013 en Libros, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies