• Segue conectado
  • |

Entroido en Salvaterra de Miño

Un ano máis o Concello de Salvaterra presenta a súa programación para o Entroido, en torno a dous eixos, o Festival Infantil e o Enterro da Lamprea

Salvaterra de Miño | Os Centros Educativos do Municipio son os encargados de abrir os actos do entroido co seu xa tradicional Desfile, que terá lugar o venres 24 de febreiro, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda, en caso de choiva trasladarase ao Pavillón de Leirado.

 

O Martes 28 é o día dos nenos e nenas de Salvaterra, a partir das 17.30 horas a Casa de Cultura ofrecerá diversas actividades para eles, dende karaoke ao Concurso de disfraces, todo isto acompañado de rosca e chocolate para todos os asistentes. As bases do Concurso de Disfraces están a disposición de todos aqueles que as queiran na páxina do Concello (www.concellodesalvaterra.org).

O mércores 1 de marzo, ás 17.00h, na Praza do Concello (en caso de choiva suspenderase) todos os cativos que se acheguen poderán desfrutar de música, globoflexia, maquillaxe e tatuaxes de fantasía.

E como non, o Entroido en Salvaterra péchase ao grande, co ENTERRO DA LAMPREA. Este ano, cun presuposto de 5.500€, xa están confirmadas máis de 12 carrozas de toda a contorna, con máis de 1.200 participantes neste desfile que ano a ano vaise consolidando, con miles e miles de persoas que se achegan ao noso municipio para darlle o último adiós a nosa querida lamprea. Dende o Concello queremos animar a tod@s aqueles que lle guste o entroido, a participar con nos, dentro da propia comitiva da defunta, como choronas e facer con ela o seu último percorrido.

Publicado o 12 Feb 2017 en Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies