• Segue conectado
  • |

En Marea esixe ao Goberno central e ao PP que rematen as falsedades sobre a AP9

Santiago de Compostela | Dende En Marea consideran que os argumentos que serven para intentar vetar o debate da proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego para o traspaso de competencias da AP9 á Xunta de Galicia, por parte do Goberno español son falsidades con mala intención e mostran unha dupla posición, inadmisible entre Galiza e outros territorios do Estado.

Os mesmos argumentos que se esgrimen no informe do Goberno non impediron que durante gobernos do PP e do PSOE se traspasasen autoestradas en Cataluña (RD 902/1995) , a C-17 de Barcelona a Ripoll que remata nas inmediacións da fronteira francesa e era de interese xeral a A-19 entre Barcelona e Girona, e a Euskadi (RD 1837/1999) a A-8 de Bilbao a Behovia que remata xusto a 10 metros da fronteira con Francia e foi traspasada por Arias Salgado (PP).

 

Tal e como asegura o deputado de En Marea, Antón Sánchez, estes casos demostran a falsidade dun dos argumentos centrais do PP para obstaculizar a tramitación da proposición de lei., o de que a AP9 é un itinerario de interese xeral porque sirve de paso fronteirizo, cando a realidade é que a AP-9 non remata na fronteira con Portugal, e a autopista de Euzkadi si remata na fronteira mesma, e non houbo problema para o seu traspaso.

En Marea considera mentira a o cálculo económico do rescate, deliberadamente falseado polo goberno do PP, porque asimila o valor de rescate cos ingresos por peaxes ata o fin da concesión, cando o cálculo do valor de rescate nunha concesión de obra pública como é o caso, os valores fundamentais serían o do investimento actualizado neto (investimento menos a amortización acumulada), o fondo de reversión e o lucro cesante, debendo calcularse este sobre os beneficios obtidos nos últimos cinco anos, pero nunca en función das peaxes deixadas de percibir, que é o que informa, con manifesto erro intencionado, o goberno do Estado. Falso porque tampouco concordan coa propia valoración económica do patrimonio neto de Audasa, que é de 504 millóns de euros segundo as contas do ano 2015, nin tampouco coa media de beneficios dos últimos 5 anos, que é de 37,2 millóns. A propia Audasa valora a concesión, activo, acordo da concesión, incluído a súa activación financeira; e sen ter en conta as débedas, en 1.377.690,094 €, co cal a valoración real da concesión actualizada neta -deducindo as débedas – e tendo en conta o fondo de reversión e o lucro cesante, seria moito menor.

O mesmo Goberno que alude ao custe do rescate da AP-9 non ten reparos en rescatar as autoestradas radiais en Madrid, asumindo o Estado un custo moi superior ao valor real do rescate da AP-9. O goberno do PP, seguindo a práctica realizada co sistema bancario, socializa as perdas e privatiza os beneficios, ou, o que é o mesmo, rescata autopistas madrileñas en quebra, pero mantén a titularidade estatal e o negocio millonario da AP-9 galega.

Un rescate, o da AP-9, que, en calquera caso, e tal como consta na DA Terceira da iniciativa aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galiza non establece a anualidade concreta na que se faría efectiva, co cal malamente pode vetarse polo goberno a tramitación dunha iniciativa por un motivo (o do incremento do crédito orzamentario do exercio), cando na iniciativa non se determina a anualidade concreta na que tal rescate se faría efectivo.

Constátase ademais das falsidades e os agravios comparativos con Galiza, a burla do PPdG que aproba no Parlamento galego propostas que son freadas polo PP de Madrid. En Marea esixe a Feijòo que actúe na defensa dos intereses dos galegos e galegas nun tema tan crucial.

Por parte de En Marea, tanto a través do Grupo Parlamentario no Congreso, coma no Parlamento galego loitarase pola transferencia da AP-9 a Galiza e o remate do negocio privado dunha concesión dunha rede viaria básica e fundamental para o País.

Publicado o 16 Feb 2017 en Aldea Global.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies