• Segue conectado
  • |

ECOCELTA convertirá os restos florais do Corpus en compost ecolóxico

Ponteareas | Por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente a empresa de recollida de lixo e limpeza FCC ven de depositar tres metros cúbicos de restos florais nas instalacións da empres ponteareá ECOCELTA para o seu tratamento.

Por segundo ano consecutivo, o goberno fai un novo exercizo de responsabilidade medioambiental entregando estes residuos orgánicos para que sexan xestionados por profesionais.

Os restos florias sumaránse aos recibidos ao longo do ano dos restos da poda municipal para obter un compost ecolóxico composto por un 40% de restos vexetais contribuíndo ademais a xerar unha economia circular.

Estas iniciativas camiñan na liña dos obxectivos marcados na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” para un futuro sostible, responsable e participativo.

Publicado o 9 Xuñ 2018 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies