• Segue conectado
  • |

“É unha chantaxe inaceptable que o Goberno vincule as oposicións á aprobación dos orzamentos”

Santiago de Compostela | “En Marea consideramos que non se pode xogar desta maneira coas expectativas laborais das persoas que están en situación de interinaxe e coas que están preparando unha oposición”. A deputada Luca Chao cualifica de “chantaxe inaceptable” a situación de incerteza xerada para miles de persoas neste país que están pendentes da convocatoria pública de prazas en Educación e Sanidade, que agora o Goberno do Estado vincula á aprobación dos Presupostos Xerais.

“Non pode haber outro criterio para unha oferta de emprego público que non sexa a cobertura de necesidades, que no caso do ensino son gravosísimas despois de oito anos de recortes brutais no profesorado”, sinala Chao, logo de rexistrar unha batería de preguntas no Parlamento de Galicia para interpelar á Xunta “e saber se vai seguir adiante coa convocatoria anunciada ou vai asumir unha vez máis a chantaxe do PP e o ordeno y mando ao que nos teñen acostumados os Ministerios de Facenda e Educación.

 

En Marea dille ao PP “que non agoche a súa propia incapacidade para negociar os orzamentos descargando a culpa sobre terceiros” e instao a cumprir as súas promesas e anuncios propagandísticos deixando de usar como “reféns” a milleiros de opositores e opositoras que sufriron os maiores recortes de persoal entre 2009 e 2016 . Pón como exemplo a outras comunidades como o País Vasco, Madrid, Andalucía ou Cataluña, que xa anunciaron que non se dobregarían aos mandatos do Goberno central e sacarían adiante as súas convocatorias.

Publicado o 3 Mar 2017 en Economía, Santiago de Compostela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies