Disfrutemos do presente.

Estamos rematando un ano. Un ano bastante violento politica e socialmente. Dentro de tres dias os cataláns serán chamados a votar unha vez máis, porque nos últimos anos levan votanto a tira. Ao cambio climático só lle fan caso “catro pirados” como di o Presidente americano, un tal Trump, ainda que veñamos de disfrutar dun verán tan longo que case engancha coa primavera próxima. Parece que isto é normal. As autoriades dedicanse a tirarse os trastos á cabeza uns aos outros a ver quen fai máis dano politico pero ninguén ergjue a voz para dicir “basta, estamos acabando coa atmósfera; estamos violentandfo o engranaxe mundial e imos pagalo caro”. Ninguén, todos botan parches pero nada de decisións serias e profundas.

Os medios de comunicación intoxicannos paseniñamente; como unha murmaceira que nos vai enchoupando sen que nos deamos conta. Agora tamén temos internet. Ese avance, indiscutible, ben a sumarse a festa. Por internet insultannos, mintennos, descaradamente e parecer ser que nada podemos facer para evitalo. Ata chegamos ao punto de que deciden resultados electorais.

É curioso, cando comenzou a dem ocracia (bueno, isto que lle dibn democracia, porque tamén tiñamos que falar en serio sobre elo) os que nos metemos nestes lios politicoas e sociais denunciabamos o chamado voto cautivo, o caciquismo dos de antes que, coma os camaleóns, seguian mandando só cun cambio de chaqueta. Houbo os que cambiaron varias chaquetas.

A cuestión é que os cidadáns de a pé, non os do PP., non se enteran de nada. Cada semana hai tres ou caro partidos de fútbol, programas como “salvame” e outros así que teñen comido o coco ao pwersonal. Antes eran os touros os sonniferos, agora é o fútbol, e non vexamos con que intensidade. Pode haber tiros, hainos, por unha disputa dun gol metido ou non.

Amigos meus, o ano acaba, antes en cataluña vannos dicir que vai pasar con Rajoy e o seu goberno, porque desta non se libran. Se os nacionaliastas voltan a gañar, ou piolo menos conseguir a metadade dos votos, que vai facer o goberno central, ¿seguir co 155? Enton si que temos “guerra”, ainda que sexa sen balas, que tamén.

Nós, por estes lares seguimos de observadores. Os nosos politicos xa están acostumbrados a pelearse uns cos outros mentras os que mandan seguen a mandar e, moits veces, a burlarse de nós. Para eles non temos categoria para dirixir o noso Pais. Tenmos que agradecerlles que estean aí, ainda que sexa chuchandonos todo o que poidan.

Chaga tamén o Nadal. Agora xa pouca xente cre nos milagres, pero creo que temos que voltar a crer para non volvernos tolos. Se pensamos que hai un ser superuior que nos vai sacar as castañas do lume, poida que esta xente nos deixe algunhas castañas, ainda que sexan dos máis fracas, desas que n on dai queimado nos magostos. !!quen sabe!!

Paseno ben, tratren de disfrutar ao máximo nesa parceliña pequena de intimidade que ainda todos podemos defender. Non se fagan ilusións. Aquí o mellor é difrutar ao máximo das nosas pequenas cousas. Que eles se inchen a panza coas sáus cuchipandas; ata podemos ter a sorte de que morran dun atracón. Nyunca se sabe.

Bon Nadal a todos/as e que o 2018 nos ofreza o seu mellor sorriso!!

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»