• Segue conectado
  • |

Día de Homenaxe na Agrupación Cultural Guardesa

O acto da homenaxe será o sábado 3 de xuño ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda.

homenaxe

D. Laureano Matos Barcia, “Nani”

A Guarda |

Prezadas amigas, prezados amigos:

É unha honra para nós comunicarvos que na Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. celebrada o día 25 de abril de 2017, foi elexido D. Laureano Matos Barcia, “Nani” para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2017.

Nani Matos naceu en Camposancos (A Guarda) en 1966. Traballa en teatro desde o ano 1999. No eido audiovisual ten participado en teleseries como actor episódico, spots publicitarios e distintas curtametraxes, protagonizando “Esperanza para vivir”, “A guerra dos grelos”, “Reflexos” ou “Que me escribas”, entre outras.
Dirixiu as curtametraxes “Dies dei”, “Flores para Amalia” e “Lurna”, das que tamén é guionista. As tres recibiron importantes premios cinematográficos nacionais e internacionais.

O acto da homenaxe será o sábado 3 de xuño ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre Nani Matos D. Luis Iglesia Besteiro.

Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregará un libriño homenaxe aos asistentes ó acto.

Contaremos coa actuación do Grupo de Pandeiretas da A.C.G., dirixida por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e o cantautor guardés Tino Baz.

Aproveitamos este comunicado para invitalos ao acto homenaxe a Nani Matos e contamos coa súa estimada presenza.

Saúdos con afecto

Publicado o 16 Mai 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies