• Segue conectado
  • |

“A esquerda non deberia caer nas estratexias do PP”

Gonzalo Caballero | Secretario X. PSdeG

 

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975) terá a súa primera proba de fogo nas municipais de 2019. Ata o de agora dúas das sete grandes cidades galegas, Vigo e Lugo están gobernadas por alcaldes socialistas, así como as presidencias das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo. O proceso para a elección de candidatos para as grandes cidades fíxose segundo criterios dispares, Santiago mediante acordo de precandidatos sen pasar por primarias, Vigo repite Abel Caballero, Coruña si fixo primarias e Ferrol tamén. A pregunta é se o PSdeG está preparado. Por outra parte, falamos sobre política galega e as posibilidades de futuro para o socialismo galego.

-Vostede non forma parte do grupo parlamentario na cámara autonómica. Cal é o motivo e vai esperar ás vindeiras autonómicas para entrar no Parlamento ou será antes?
-Hai un ano que fun elixido secretario xeral dos socialistas galegos, e o meu traballo é recuperar a forza política do PSdeG para dar unha alternativa aos gobernos do PP na Xunta. Neste ano, o partido ten avanzado moito e a miña persoa está a disposición da organización para asumir as responsabilidades institucionais que sexan precisas cando pareza máis oportuno. Nesa liña, compatibilizo a Secretaría Xeral do PSdeG co meu traballo como profesor na Universidade de Vigo e a previsión é asumir nalgún momento algunha responsabilidade institucional, pero non hai ningunha data fixada nun escenario político que é aberto e cambiante.

-O PSdeG é actualmente a terceira forza parlamentaria logo de pasar dúas veces polo goberno autonómico, en ambas as dúas ocasións fíxoo mediante pactos con outras forzas. Cre que a idea do PSdeG como forza alternativa ao PP en Galicia non calla ben dentro da xente? Vería necesario refundar o partido?
-O PSdeG é o principal partido de Galicia para construír unha alternativa en Galicia. Gobernamos en tres das catro deputacións, temos seis deputados no Congreso, 14 deputados no Parlamento de Galicia, un eurodeputado, catro senadores e preto de cen alcaldías en Galicia. Por tanto, para que en Galicia haxa cambio, o PSdeG ten que ocupar o papel de catalizador do dinamismo y da vangarda da sociedade galega. Esa é a tarefa fundamental nunha Galicia na que o PP gobernou durante moitos anos e na que, soamente cando os socialistas lideramos con claridade a alternativa, se produciu un cambio político.

-Que lle quitaría e que lle poría ao seu partido para que a mensaxe dos socialistas galegos convenza a unha maioría da sociedade do país?
-Nós somos unha forza política de esquerdas cun claro compoñente galeguista, e tamén comprometidos con valores como a defensa da igualdade, a sostibilidade do medio natural ou o feminismo. A partir de aí, creo que o PSdeG ten que traballar en clave de elaborar un gran proxecto de país sobre o que poida construírse un gran acordo e unha grande coalición de distintos sectores que queren o cambio en Galicia. Nesa tarefa de acadar ese reto, estamos traballando e avanzando no último ano.

[...]

Páxina seguinte


Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.
Publicado o 29 Nov 2018 en Entrevistas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies