• Segue conectado
  • |

Apego – A Coruña reafirma o seu compromiso coa promoción e transmisión do galego

Duascentas familias coruñesas xa se apuntaron ao programa ‘Apego’, dirixido a promover a transmisión do galego a familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos

apego a corunha

A Coruña |​ O Concello da Coruña referenda a súa aposta polo fomento da transmisión do galego coa posta en marcha das novas actividades de ​ Apego, un programa didáctico e lúdico dirixido a fomentar a transmisión do galego entre os nenos e nenas menores de 6 anos a través de información, recursos e actividades. Desde que A Coruña se adheriu ao programa, en abril de 2016, arredor de 200 familias xa se interesaron por participar nesta proposta, que se celebra en 30 concellos de toda Galicia.

Xabier Díaz e Guillerme Fernández foron os encargados de abrir as accións desta tempada coa primeira sesión do obradoiro de nanas “Arrolos de Salitre”, cuxas 30 prazas –para as sesións do 2 e 9 de maio– se esgotaron no mesmo día en se abrir o prazo de inscrición.

As seguintes iniciativas da programación para menores de 0 a 3 anos inclúen o espectáculo para bebés ​ A alfombra máxica, ​ recomendado para o seu desenvolvemento sensorial-motriz autónomo e que será o 23 de maio ás 18.00; e, unha semana despois, Raquel Queizás presentará os seus ​ Nanocontos, co que se pretende estimular as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas. As inscricións para estes eventos abriranse o 8 e o 15 de maio, respectivamente, a través do enderezo ​ http://www.coruna.gal/lingua​ , a nova páxina web do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Unha das citas máis relevantes da programación de Apego ​ chegará o 27 de maio. A Gramola Gominola presentará no Centro Cívico dos Mallos o seu novo traballo, Cancións para desafinar, un espectáculo baseado no seu librodisco e que está cheo de cancións para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. A cita será a partir das 18.30 horas e as entradas, gratuítas, poderán retirarse a partir do 8 de maio en ​ www.ticketea.com​ .

Xa no mes de xuño, Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán o día 6, a partir das 18.00 horas, o obradoiro S​ on xogos, xogos sons ​ , destinado a cativas e cativos a partir de 3 anos en que, con distintos instrumentos e músicas de diversas épocas, montarase unha pequena orquestra. Por último, o 8 de xuño, Paco Nogueiras fará brincar a rapazada cos dúas sesións do seu obradoiro Brinca vai!, ​ ás 17.30 e ás 19.00 h. A inscrición para estas dúas actividades, tamén gratuítas, poderá facerse a partir dos días 8 e 22 de maio, respectivamente, a través de www.coruna.gal/lingua​ .

Para máis información sobre estas actividades e as datas de celebración, ou a inscrición no programa ​ Apego, ​ pódese consultar a nova web de Normalización Lingüística.

Publicado o 9 Mai 2017 en A Coruña, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies