• Segue conectado
  • |

Corre, raposo!

O raposo come roedores e evita as pragas destes, asi como as dos parásitos que portan. Os raposos comen tamén carroña e baias, esparcindo sementes polo monte. O raposo é un animal beneficioso para os ecosistemas, como todos. Porén a Xunta non fai máis que autorizar e promocionar batidas.

Vós, cazadores, sodes as alimañas e a praga dos ecosistemas. Quen non prefire ver un raposo polo monte antes ca unha cuadrilla de cazadores? O raposo é un animal máxico, mítico. Está presente na cultura popular, nas nosas fábulas. O raposo representa a astucia e a vida salvaxe. Inspirou a Castelao.

Ningún animal, agás o home, mata por pracer. Todos matan por sobrevivir e por instinto. Non teñen esa crueldade innecesaria do home. Todos os animais queren vivir e sufren coma nós.

Por se xa fose pouco reprobable en si a caza, o chumbo dos cartuchos contamina o medio ambiente e envelena as aves. Por iso digo: non á caza e si ao raposo! Que perviva moitos anos nos nosos montes, alegrando coa súa presenza ás persoas amantes da natureza e da fauna salvaxe.

Señores e señoras do PP, se lles preocupan os pequenos danos que pode ocasionar o raposo aos labregos (cousa que dubido moito), estabrezan unhas axudas axeitadas para compensar estas pequenas perdas.

Os raposos daninos non son os que sobreviven no monte como fauna salvaxe, senon os que traicionan Galiza en beneficio propio. E xa non falo do que penso de quen mata un raposo pola súa pel, sendo hogano algo totalmente innecesario…

Publicado o 9 Xan 2019.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies